O noso embarazo

Contaronme que viñas de camiño

e sinto no meu corpo ese embarazo

que fai que conte cada segundiño

ata sentirche enriba do regazo.

Xa soño con contarche esas “batallas”

que gardan os avós para os herdeiros,

ollarte e babexar mentres ti argallas

descubrindo da vida os seus sendeiros.

Tomarche da manciña e pasear

e darche todo xeito de agarimos,

sentarme a caron teu e averiguar

onde viñemos e cara onde imos.

O conto, é que non es, mais cun fetiño

e xá me tes toliño na tua espera

e con tal co que veña este saniño,

que sexa neno ou nena non ten pega.

Dia das letras galegas

 

Sempre que saio da terra

e falo na lingoa nosa

Encheme o peito escoitar

que lles soa agarimosa

 

Canta xente non o fala

por medo do facer mal

con tal que nos entendamos

os “purismos” danche igual.

 

Si a lingua é parte da terra

si é parte do noso ser

hai que ser moi mal galego

para deixala morrer.

 

¡Fala en galego amiguiño,

ca xente do teu redor,

fagamos que a nosa lingua

soe mais forte no exterior!

 

Eu, dende a miña ignorancia

un consello quero dar,

si queres falar galego

¡en galego has de pensar!

 Somentes
 
intentaba conseguir
 
deixar na terra
 
algo de min que me sobrevivise
 
sabendo que deberia ter sabido
 
impedirme a min mesmo
 
descubrir que só fun un interludio

                                                                                       Lois Pereiro